CORO DE FAMILIAS SIYAHAMBA DA ASOCIACION ATRIL SIYAHAMBA comezou no 2011 como coro de familias composto por pais, fillos, netos, avos,...
CORO DE FAMILIAS SIYAHAMBA DA ASOCIACION ATRIL
SIYAHAMBA comezou no 2011 como coro de familias composto por pais, fillos,
netos, avos, amigos e amigas do anpATRIL Vilagarcía dirixido por Enrique
Alberto Martínez
O coro Siyahamba, creado no seo da asociación de Nais e pais do ensino
musical “Atril” creouse no 2011 . A primeira actuación en solitario foi en
xuño do 2015 cun concerto no Salón García.
Siyahamba e un coro mixto a capella composto nesa data por 30 voces infantís
e adultas. Os membros máis novos son alumnos da Escola de Municipal de
Música e do Conservatorio Profesional de Vilagarcía, aos que se unen os seus
pais e outros adultos co obxectivo de desenvolver este particular proxecto
musical que lles permite gozar da música en familia.
A primeira obra que representaron foi “Kikete, o fillo de Shindo”, unha
historia que Siyahama ilustrará musicalmente con cancións da tradición
folclórica de distintos países da África negra. Con esta actividade, o
director do coro, Enrique Martínez Rivero, pretende invitar ao público a
“deixarse enmeigar polas lendas da vella África, encantar coas polifonías e
poliritmias dunha música que aínda hoxe forma parte da vida cotiá das xentes
que cantan e bailan ao seu son”.
Dende os seus inicios, o coro Siyahamba foi dirixido por Enrique Martínez
Rivero, licenciado en música pola especialidade de canto e profesor na
escola de música de Vigo e en Vilagarcía. A formación ten participado en
numerosos espectáculos musicais, actuando en escenarios tan distintos como
as rúas de Vilagarcía ou no certame anual de corais da Deputación.
Trátase dun coro singular, tanto por integrar voces de diferentes idades
como polo variado repertorio que interpreta (pezas corais das máis diversas
tradicións musicais de todo o mundo), así como polo xeito de polas en
escena, xa que ademais de cantar, o coro actúa.