Evento en Vilagarcía de Arousa.
Tomade nota nas vosas axendas: 26 e 27 de agosto en Vilagarcía!
A temática deste ano é a SAÚDE MENTAL. O cartaz desta edición, deseñado pola artista e profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra Ana Seoane, é unha mostra de sororidade, apoio mutuo e reivindicación. Estade atentas ás nosas redes! Nos vindeiros días anunciaremos as artistas desta VI edición..
O Soño de Lilith
26ago.2022 27ago.2022
EVENTOS ANTERIORES PASADOS
ACTIVIDADE Escape Room de Igualdade | 26mar
11:00 h del sábado 26 de marzo de 2022 en Auditorio. Reserva previa libre
Cal é o antídoto da desigualdade?. Atréveste a descubrilo? PRAZAS LIMITADAS!. Inscrición de balde: envía un email co teu nome e teléfono a osonhodelilith@gmail.com
TEATRO 'A síndrome de Lis’ | 11mar.2022
20:30 h del viernes 11 de marzo de 2022 en Salón García. Actos 8M. Entrada libre con reserva previa.
A síndrome de Lis’, a cargo da compañía A Síndrome.
"A síndrome de Lis" un monólogo teatralizado de Diana López Varela interpretado por Rocío Barrio.
Reserva gratuita en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/salon-garcia/13677--a-sindrome-de-lis.html
11mar.2022
ENCONTRO café feminista | 5feb
Organiza: Asociación feminista O Soño de Lilith
O 5 de febreiro continuaremos cos nosos tan desexados Cafés Feministas. 12h sábado 05feb.2022 en cafetería A Marina, Avda Marina 50 (Alameda)
Empezamos un novo ano e vén cheo de novidades!!. Damos comezo a unha actividade na nosa asociación:
Neste primeiro Café do ano, faremos unha presentación da asociación e da nosa actividade e queremos propoñer un INTERCAMBIO DE LIBROS FEMINISTAS. Trátase de levar un libro que che apeteza doar ou intercambiar con outra persoa.
O encontro será en Vilagarcía na cafetería A Marina! Esperámoste!!!!