20:30 h del sábado 16 de abril de 2022 en Praza Peixería. Entrada previa 11€. Organiza: White Coast Music
20:30 h del sábado 16 de abril de 2022 en Praza Peixería. Entrada previa 11€. Organiza: White Coast Music
CONCIERTOS Lonxa do Ritmo
A LONXA DO RITMO PRESENTA O PRIMEIRO LP DE WYYGGA, que estará acompañada por un elenco de artistazas!
Entradas +11€: https://www.woutick.es/?busqueda=A%20Lonxa%20do%20Ritmo
Wyygga supón a volta á mensaxe como o centro de todo, a volta no seu estilo da “Música Real”, unha proposta musical, audiovisual e estética na que se mostra tal cual é sen artificio. O valor apórtano as súas letras, a súa sinceridade e a súa acertada visión de análise social e persoal sen medos á verdade. A súa frescura ey enerxía no directo convencen á primeira. Artista de música urbana que destaca no seu estilo pola súa autenticidade. Ela é puro Rap. Non aspira a ser unha “Trap Queen” nin o precisa. En 2021 lanza o seu primero traballo de estudo: Arma de loto. O espectáculo en directo dese EP foi presentado nunha xira que daba comenzo no ciclo de concertos Terraceo xunto a Nach e que a levou a dar máis de unha decena de concertos por toda Galicia. Agora ven a presentarnos o seu primeiro LP, do que pronto terémo-los detalles.
Ann Trash é a nova voz do rap galego. Unha artista multidisciplinar de identidade oculta que actúa baixo a súa creación. Nacida do enfado coa orde establecida, a artista busca para penetrar as mentes e espertar conciencias coas súas líricas sólidas e realistas, o seu dous primeiro sinxelo “Ejército de Clones” deixou clara a liña a seguir e agora, con “Hambre de Caos”, producido polo veterano DJ. Rapu e presentado en YouTube con un videoclip obra de Alberto Lora (Galunk Producións), a artista está lista para dar o salto os escenarios.
La Huerita é o nome artístico dunha das voces máis xóvenes do novo panorama HipHop galego. A viguesa comenzou a súa traxectoria durante 2021 e dende o seu primeiro lanzamento esta xoven MC non parou de lanzar singles, explorando gran variedade de estilos e ritmos arredor da música rap. Có seu estilo rudo, á par que melancólico, as letras da artista galega representan as inquietudes e vivencias das novas xeracións que chegan pisando forte ao circuito musical.
O Xiabre Ski Club é un colectivo formado por varios rapaces xóvenes da zona do Salnés. O seu estilo é moi particular, cunhas letras con moita retranca e desacomplexadas que falan da ría, das verbenas... Pioneiros no trap en Galicia xunto a Boyanka Kostova e Chave de Carballo, traballos como A Fonte, sitúanos como un dos grandes candidatos á “pole position” dentro da escena urbana galega.
O AFTER PARTY estará a cargo do padriño do newpunk: KAIXO. Un dos artistas máis versátiles da música urbana galega e, sen dúbida, un dos seus máximos expoñentes.